Loading...

jueves, 18 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN DE "A XENTE QUE SOÑA DESPERTA"


Presentación ás 12 na Casa das Letras de Ribadeo e ás 18 na Casa da Cultura de Santiso de Abres do libro-CD:
A xente que soña desperta: recolla de achegas á lingua e literatura galegas de Asturias (2010), escolma de once volumes editados pola Universidade de Vigo: Évos un ameicer guapo de Xoán Babarro, A herdade que nós temos de Suso Fernández Acevedo, Literatura dramática e teatro en galego do Eo-Navia de Rita Bugallo González, Textos teatrais en galego do Eo-Navia de Rita Bugallo González, Informe Lingüístico sobre A Nosa Terra Eo-Navia da Asociación Abertal en galego, galego de Asturias,asturiano, catalán e español, Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia de Carlos Xesús Varela Aenlle e Orientaciois prá escrita da nosa lingua da Asociación Abertal.

jueves, 4 de noviembre de 2010

QUIQUE ROXÍOS GAÑOU O PREMIO DE POESÍA MIGUEL G. TEIJEIRO DAS FIGUEIRAS

Quique Roxíos gañou o primeiro concurso de poesía Miguel G. Teijeiro das Figueiras co poema "Amorodos" na sección de galego de Asturias.

II FESTIVAL DE CINE SOSTENIBLE NA CARIDÁ

O II Festival de Cine Sostenible celebrarase na Caridá os días 5 e 6 de novembro, organizado pola Casa Azul de Occidente.

sábado, 28 de agosto de 2010

Feira de produtos ecolóxicos na Veiga

Feira de produtos ecolóxicos na Veiga os días 11 e 12 de setembro:

miércoles, 11 de agosto de 2010

ACTUACIÓN DE CÁDAVA EN RIBADEO

O venres día 13 de agosto ás 23.00 h no Cantón de Ribadeo:

NOITE FOLK: concerto dos grupos CÁDAVA (El Franco)
e CAHORNEGA (Cantabria)

SEMANA CULTURAL DE SANTISO DE ABRES

Semana Cultural de Santiso de Abres

FESTAS DAS CARRILANAS DE SEARES (CASTROPOL)

FESTAS DAS CARRILANAS DE SEARES 2010


jueves, 5 de agosto de 2010

VII XORNADAS DE HISTORIA LOCAL DA VEIGA

Os días 9 e 10 de agosto na Casa da Cultura da Veiga celebráranse as VII Xornadas de Historia Local coa intervención de Luis Miguel González Terente e Joaquín Ocampo Suárez-Valdés.

miércoles, 4 de agosto de 2010

MALLA DO TRIGO EN SANTISO DE ABRES

Os días venres 20 e sábado 21 de agosto VIII Festa da Malla en Santiso de Abres:

jueves, 8 de julio de 2010

lunes, 28 de junio de 2010

miércoles, 26 de mayo de 2010

Charla de Pepe el Ferreiro na Veiga el venres 28 de maio


Evento: Charla de Pepe el Ferreiro
Inicio: Venres, 28 de maio ás 20:30
Finalización: ás 22:00
Unde: Casa da Cultura da Veiga

sábado, 22 de mayo de 2010

Documental del pallaso Iván Prado na Caridá


Martes, 25 de maio, ás 19:00, emitirase el documental del pallaso Iván Prado, nas Quintas da Caridá. Iván Prado é un pallaso que quixo levar a súa alegría aos nenos de Palestina, pero foi expulsado por Israel.

viernes, 30 de abril de 2010

VIII Xornadas da Escola Rural en Vilanova de Ozcos


El día 8 de maio na Escola de Vilanova de Ozcos celebrárase un acto das VIII Xornadas de Escola Rural.

domingo, 25 de abril de 2010

Encontro de portadores de Tradición Oral en Santiso de Abres


ENCONTRO DE PORTADORES DE TRADICIÓN ORAL 2010

Santiso de Abres, Domingo 2 de maio de 2010

A Cultura Tradicional de Transmisión Oral representada en 5 áreas: Oficios, Costumes, Música, Xogos e Literatura Oral
Na Praza de San Xoán, no centro del poblo podérase ver e entender el pasado da comarca rural.
Desde as 11 da mañá ás 7 da tarde.
Acto de Presentación ás 12:00 h, coa intevención de Pepe El Ferreiro
Música tradicional toda a xornada coel Grupo de Gaitas El Acevro da Caridá, Gaiteiros e músicos que interpretan "de oído" e a Escola de Música Tradicional "San Tirso del Eo".
Comida ás 2 da tarde, menú: Empanada, chourizo, xamón cocido, arroz con polo de curral, natillas ecolóxicas, pan e café 12 Euros/persoa. (Desconto pra grupos previa reserva)

miércoles, 27 de enero de 2010

A conselleira de Cultura del Principado, Mercedes Álvarez, cesa a Pepe el Ferreiro, Director del Museo de Grandas de Salime


El Consorcio del Museo de Grandas, presidido pola conselleira de Cultura Mercedes Álvarez, destituiu ao Director del Museo de Grandas de Salime, Pepe el Ferreiro, cos votos en contra de Gonzalo Morís, Alfonso Canteli e Ángel Luis Álvarez. Pepe el Ferreiro foi recibido por un peteiro de xente á salida del Edificio Calatrava de Uviéu para mostrarle a súa solidariedade, mentras aumenta el número de apoios na rede social Facebook que xa supera os 3.000 asinantes de todas partes de Asturias, Galiza e doutras comunidades. As razois da conselleira non poden ser máis débiles, tentando argumentar que foi por “irregularidades de xestión”, uha desculpa como outra calquera que non se sostén de xeito ningún.
Pepe el Ferreiro foi el creador del Museo, un museo que ten máis de 20.000 visitas anuais, con pezas etnográficas de incalculable valor de toda a comarca del Eo-Navia e de parte del oriente lugués. No sou lugar nomeouse a un madrileño que desconoce a comarca del Eo-Navia e a etnografía, que se dedicou a arqueoloxía en Xixón e ser arquiveiro de Ensidesa en Avilés, chamado Francisco Cuesta Toribio. Mal imos neste país chamado Asturias…
http://www.facebook.com/group.php?gid=279148793240