Loading...

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Polémica en El Franco pola presentación dun libro


Preséntouse no auditorio das Quintas da Caridá el libro "El cancioneiro de Alonso" coa actuación da orquestra Osnola, dentro da Semana Cultural, e de varios grupos musicais como Cádava.
El problema xurdiu condo na propaganda del acto non se mencionaba en ningún sito que se precisaba uha entrada privada pra velo, polo que muitos posibles asistentes se veron afectados por uha falta de tacto dos organizadores do evento.
Actos deste tipo deberían ser abertos a todo el mundo, condo xa na comarca del Eo-Navia non existen muitos eventos culturais, é difícil comprender que se fagan actos privados en lugares públicos sen polo menos especificar se van existir entradas, se se precisan entradas privadas ou vanse vender na porta, el que dá lugar a pensar na improvisación ou na falta de organización de certos programas.

No hay comentarios: