Loading...

lunes, 22 de junio de 2009

As festas patronais serán no parque ( Ribadeo )

O alcalde, Fernando Suárez, considera que non é o momento de cambiar a ubicación das festas patronais de Ribadeo. O rexedor ofrecéulle á comisión organizadora a posibilidade de contar con máis terreo no entorno do parque para ubicar máis barracas ou algún bar para recaudar fondos para os festexos.

Fernando Suárez considera "moi positivo para Ribadeo que este ano poidamos ter un grupiño dunhas quince persoas de diferentes sectores que queren colaborar activamente na realización dunhas festas como Ribadeo se merece. Desde o Concello vaise apoiar, como así se lles dixo nas varias reunión que mantivemos con eles nestes últimos tempos, para lograr que as festas de Ribadeo volten a ser importantes e que reclamen a atención de moitos veciños e de moita xente da Mariña e do Occidente asturiano". O rexedor conta que "para iso hai cousas que se puxeron enriba da mesa sobre posibles actividades para recaudar máis diñeiro, sobre posibles cambios de ubicación das festas, e debo dicir que a realidade é a que é moitas veces, difícilmente se poden facer unhas boas festas si non se recauda diñeiro, difícilmente se poden facer unhas boas festas senón hai xente que traballe e que axude. Parece ser que nesta parte xa vamos mellorando respecto a estes últimos anos, as festas igual contaban cunha comisión dunhas cinco persoas e agora vai haber unha dunhas quince, o cual é un paso importante".

O alcalde apunta que "agora queda ver a colaboración da cidadanía e do Concello que se compromete a seguir apoiando cunha cantidade fixa de 12.500 euros máis logo todo o que leva aparellado, alumeado público, persoal, enganche de luz… cifra que pode chegar aos 20.000 euros. Entendo que o Concello non debe ir máis aló, máxime nestes momentos actuais, pero quero facer un chamamento para que a xente, o sector comercial na medida das súas posibilidades que participen tamén. Debo dicir, e agardo que non lle parece mal a ninguén, que a veces en parroquias do noso mesmo concello se recauda tanto como se pode recaudar no que é a vila de Ribadeo e é algo que a cidadanía deberá correxir".

Fernando Suárez fai esa reflexión "porque a comisión de festas suxire varios cambios para este ano, hai algúns que se poden aceptar, pero outros non. A comisión actual suxire cambiar a ubicación das festas do parque de San Francisco ao aparcamento municipal de Ribadeo. Eu entendo que non deben producirse cambios drásticos, de súpeto. Hai que consolidalas primeiramente, hai que dar unha nova oportunidade para que se volvan celebrar aquí e si este ano non funciona ben aquí, a comisión actual di que está convencida por unha grande maioría que se pode recaudar moito máis diñeiro no aparcadoiro municipal, si se ve que non se recauda o previsto por estar aquí este ano, o alcalde e o goberno municipal dará liberdade para que si a comisión quere cambiar as festas de ubicación o poida facer, pero eu entendo que ningunha solución leva razón absoluta".

O rexedor xustifica a súa postura e sinala que "aquí hai menos xente vivindo neste entorno e os trastornos quizáis poidan ser menores… é unha responsabilidade moi grande para un goberno autorizar o cambio dunhas festas. Nós somos conscientes de que queremos ter as mellores festas para Ribadeo e somos conscientes de que queremos que a xente se divirta co menor perxuizo posible, e eso é moitas veces moi difícil de compatibilizar, pero creo que non se debe producir de un día para o outro ese cambio porque unha comisión, con todos os respectos, así o decida". Fernando Suárez cre que "para este ano, e dado que estamos a dous meses das festas, non debemos facer cambios radicais, debemos facer melloras e por eso lles ofrecín máis disponibilidade de terreos aquí no parque de San Francisco. Oferteilles que poden ocupar a rúa San Francisco si queren para poñer barracas ou poñer algúns elementos que permitan recaudar máis diñeiro. Ofrecínlles, tal e como me pediron, que a comisión poida poñer algún bar e que o recaudado se lle entregue a comisión. Se poden facer determinadas cousas que eles suxeriron, pero o paso de cambiar este ano as festas de lugar creo que non é oportuno. Agora ben si todos estes cambios non son suficientes o goberno municipal para o ano que ven dará liberdade á comisión de festas para que as poida cambiar de ubicación, pero este ano non".

No hay comentarios: