Loading...

domingo, 31 de mayo de 2009

Español para inmigrantes

Preto dunha veintena de persoas participaron no curso de español para inmigrantes que organizou por segundo ano o Concello de Ribadeo. Os alumnos (15 mulleres e 3 homes) reuníronse á mesa para rematar o curso e fixeron unha degustación de productos típicos dos seus países.

Clausuróuse en Ribadeo o curso de español para inmigrantes que organizou por segundo ano o Concello. Dito curso comenzou en novembro e conclúe en maio e nel participaron 18 persoas (15 mulleres e 3 homes) de nacionalidades brasileña e marroquí, na súa marioría. Ofertáronse dous horarios para facilitar a asistencia ás clases, así desenvolvéronse os martes e os xoves de 10:30 a 11:30 horas e polas tardes os luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas.

O rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito "pola acollida que tivo este curso que lles axuda nas súas relacións sociais e tamén na posibilidade de conseguir traballo entre nós" e engadiu que "seguiremos a traballar na organización de actividades para os inmigrantes".

Desde a Oficina de Atención ao Inmigrante de Ribadeo sinalan que "o ano que ven queremos continuar con estas clases xa que desde o Concello consideramos que o coñecemento da lingua é fundamental como vehículo de integración e chave de acceso á nosa sociedade. Desta forma facilítaselles a inserción a un mercado laboral máis amplo".