Loading...

lunes, 24 de marzo de 2008

Novo blogue de literatura infantil en galego de Asturias.

Recentemente comezou a funcionar un blogue de contos en eonaviego. El sou autor é Xavier Frías Conde, quen xa ten presencia na rede con outra serie de blogues tamén dedicados á difusión da literatura infantil. Nesta ocasión el que presenta son contos clásicos, tomados de mui diversas fontes (Esopo, Irmaos Grimm, Andersen, etc.) traducidos para eonaviego. El material ten uha dupla finalidade: duha banda, entreter cualquera persoa que teña gusto pola lectura e queira ler ou reler textos absolutamente clásicos na súa fala; del outra banda, servir como material de apoio a aquelos centros escolares que queiran usar tales contos, pois el acceso aos mesmos é de balde. Como toda experiencia de blogue, serve para que os eventuais lectores podan, cuando queiran, achegarse até el sito para ler del xeito que queiran. Os textos, xa que lougo, poden ser impresos doadamente. Convén sinalar que no caso de falares tan minoritarios como el noso, a existencia de blogues permite uha difusión sen igual, xa que os custos son nulos. Cualquera persoa que teña gana de traducir contos clásicos está convidada a participar no blogue. Os sous textos serán incluídos e el autor da tradución citado.
http://www.eonaviego.blogspot.com/

No hay comentarios: