Loading...

miércoles, 17 de junio de 2009

Fogueiras de San Xoan Ribadeo

O alcalde, Fernando Suárez, ven de asinar un bando con motivo das fogueiras de San Xoan e San Pedro, no que sinala que é preciso a adopción dunhas elementais medidas de prevención. Prohíbese queimar rodas ou cubertas de goma, plástico ou calquera material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou productos contaminantes ou tóxicos. Non se poderán facer fogueiras en lugares próximos a tendidos eléctricos, edificios ou calquera outro no que poidan crearse situacións de perigo.

O bando tamén recolle que cada fogueira terá un ou varios responsables que comunicarán nas oficinas municipais, presentando a tal efecto o impreso que se facilitará nas oficinas de Secretaría, indicando o lugar da queima e comprometéndose a adopción das medidas de seguridade precisas. O prazo máximo para comunicar a queima será: para as fogueiras de San Xoán ata as 14 horas do 22 de xuño de 2009 e para as fogueiras de San Pedro ata as 14 horas do día 26 de xuño de 2009.

O responsable ou responsables e organizadores de cada fogueira encargaranse de retirar da vía pública todos os restos que queden unha vez rematada a queima. En caso de incumprimento do indicado, ou de queixas xustificadas da veciñanza, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requerimento da Policía Municipal, a sufocar de inmediato a fogueira.