Loading...

miércoles, 10 de junio de 2009

Q de calidade turística

Satisfacción no Concello de Ribadeo pola Q de calidade turística que veñen de recibir, por primeira vez, as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas. O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, viaxou a Madrid para recoller o galardón de mans do ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián. Ribadeo, Foz e Boiro son os únicos concellos galegos que recibiron este recoñecemento para os seus areaias.

O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, amósase satisfeito coa Q de calidade que veñen de recibir as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas. Cupeiro recibiu o galardón de mans do ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, nun acto que se desenvolvía esta mañá en Madrid.

O edil nacionalista asegura estar "francamente contento pola consecución da Q de calidade turística que recibiron As Catedrais e Os Castros-Illas. É un mérito para Ribadeo, despois de ver que só 40 municipios españois foron galardoados con esta bandeira. De Galicia recibiron o recoceñemento tres que son Foz, Boiro e Ribadeo".

Horacio Cupeiro sinala que "se trata dun galardón máis riguroso que o das bandeiras azuis coas que tamén contan as nosas praias. Os ribadenses poden estar contentos porque desde o Concello consideramos que sí estamos a traballar de maneira intensa pola consecución cada ano que pasa das bandeiras verdes, das que tamén goza Ribadeo como municipio responsable, polas bandeiras azuis e agora por primeira vez conseguimos a Q de calidade para As Catedrais e Os Castros-Illas".

No hay comentarios: