Loading...

jueves, 28 de mayo de 2009

Bandeiras azuis 2009

A praia de Os Castros-As Illas recupera a bandeira azul e As Catedrais renova este distintivo que concede de xeito anual a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor. O rexedor asegura que é unha satisfacción e un orgullo para todo o pobo que ambos areais reciban este recoñecemento.

O Concello de Ribadeo acaba de recibir a comunicación de que a praia de As Catedrais ven de renovar a bandeira azul que luce desde hai tempo e que Os Castros-As Illas recupera este distintivo que non logrou o ano pasado por mor das obras se alí se estaban efectuando. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que "é unha satisfacción e un orgullo para todos os ribadenses que dous areais emblemáticos do noso concello como son Os Castros-As Illas e tamén As Catedrais luzan este distintivo que acredita que facemos os deberes, que facemos todo o traballo e que temos que seguir intensificando esforzos. Xa o fixemos o ano pasado mellorando seguridade e salvamento sempre en estreita colaboración con ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor) e no noso ánimo está seguir traballando man a man para seguir mellorando e seguir facendo un auténtico mascarón de proa do emblema, da paraxe, do monumento natural do que é singularmente a praia das Catedrais".

O rexedor lembra que "de aí a nosa carta á ministra hai xa tempo para que desbloquease este proxecto que temos previsto levar adiante para recuperar toda aquela zona, regularizar o tráfico, crear aparcamentos que dean saída a esa cantidade inxente de persoas que cada vez chegan en maior número ás Catedrais atraídos pola publicidade, pola bandeira azul e pola repercusión que ten xa a nivel internacional este areal. Todo isto nos indica que temos que seguir nesta liña".

No hay comentarios: