Loading...

jueves, 28 de mayo de 2009

Nova rotonda de acceso a Ribadeo

Unha nova rotonda de 36 metros de diámetro daralle fluidez ao tráfico no acceso urbano a Ribadeo. O proxecto que foi aprobado na xunta de goberno suporá un desembolso de 116.000 euros que sufragará un área comercial.

A xunta de goberno aprobou o proxecto de construcción dunha rotonda no acceso urbano a Ribadeo que terá 36 metros de diámetro e que suporá un custe de 116.000 euros. Segundo os prazos previstos será unha realidade no prazo de tres meses. O alcalde, Fernando Suárez, dixo en rolda de prensa que "presentamos hoxe un acordo aprobado pola xunta de goberno. Trátase do proxecto de construcción dunha nova rotonda no acceso urbano a Ribadeo á altura de onde se foron configurando nos últimos anos unha serie de establecementos comerciais coma o Eroski e onde en breve abre o Lidl".

O rexedor engadiu que "a súa construcción se fai necesaria tendo en conta que o tráfico se vai incrementar e que hai unha serie de viais, agora municipais todos eles dado que esa estrada nacional foi transferida ao Concello hai tempo e que agora a responsabilidade e a competencia é municipal. Tendo en conta que cando era de Fomento éste poñía reticencias a que o LIDL puidera incorporar tráficos directamente á estrada xeral e con ese mismo argumento nosoutros tamén puxemos condicionantes e buscamos solucións que garantizaran a seguridade do tráfico, a seguridade dos vehículos, as incorporacións con seguridade á vía pública tanto a esa superficie comercial como a todos os demáis viais que estaban confluindo a un punto que non estaba regulado cunha rotonda".

Fernando Suárez dixo que se tiveron en conta as opinión dos técnicos municipais que "nos recomendaron que a mellor solución para unir os seis viais, os seis accesos que conflúen nese punto debería ser a través dunha rotonda, e por eso desde o Concello se lle ordenou a Lidl construir unha rotonda ao seu cargo e transferila despois á titularidade do Concello de Ribadeo. Onte aprobamos ese proxecto de construcción da rotonda que ten un custe de 116.000 euros que ten que abonar íntegramente esta empresa. Terá 36 metros de diámetro e poderá dar fluidez ao tráfico de acceso a todo ese entorno comercial para o presente e para o futuro, dado que para o futuro próximo si todo vai ben e o plan se aproba varios deses viales se prevé que sexan ampliados".

O alcalde considera que se trata "dunha previsión de futuro de regularizar os tráficos, impedir xiros bruscos que poden dar lugar a accidentes e ao mesmo tempo ordear moito mellor o tráfico. A xunta de goberno lle otorgou uns tres meses de prazo como máximo para facer esta rotonda dado que se ten que facer sin cortar a circulación en ningún momento, de aí que se teña que executar en varias fases como así o recolle a redacción do proxecto que xa contempla como se fará a obra para que non se resinta o tráfico de acceso a Ribadeo por esa zona".

No hay comentarios: