Loading...

domingo, 31 de mayo de 2009

Ruta do antigo tren mineiro

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito moi positivo que o Ministerio de Medio Ambiente saque a concurso a redacción do proxecto de recuperación da ruta do antigo tren mineiro entre a Vilavella e Trabada. Ata o 6 de xuño pódense presentar ofertas. O custe de dita redacción é de 147.000 euros.

Fernando Suárez tilda de moi positivo que o Ministerio de Medio Ambiente saque a concurso a redacción do proxecto de recuperación da ruta do antigo tren mineiro entre a Vilavella e Trabada. As empresas poden presentar ofertas ata o vindeiro 6 de xuño. O presuposto para a redacción de dito proxecto é de 147.000 euros. O rexedor asegura que "podemos dicir que finalmente comenza a conta atrás para que este proxecto sexa unha realidade. Levámolo debatindo desde hai 20 anos en varios cumios interautonómicos, a Xunta de Galicia tivo dado mostras de levalo adiante, pero nunca se fixo. Por fin podemos dicir que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, saca a concurso a redacción do proxecto tal e como acordamos hai meses co responsable de Costas. É fundamental para os Concellos de Ribadeo e de Trabada e para poder unir outra vez a través de senda verde o que foi a ruta do tren mineiro entre Vilaodriz e Ribadeo. Alí sacóuse moito mineral de ferro e houbo unha vía de transporte de pasaxeiros e agora comenzamos a conta atrás para que sexa unha realidade".

Suárez Barcia explicou que "está en período de presentación de ofertas a redacción do proxecto para a recuperación do antiga ruta do tren mineiro entre a Vilavella eTrabada. O prazo está aberto ata o 6 de xuño e a redacción de dito proxecto ten un presuposto de 147.000 euros. Hai que ter en conta a envergadura deste proxecto, xa que afecta a dous concellos, xa que seguramente haberá que expropiar terreos para poder dar unidade a toda a vía e penso que desde agora, desde que se licita o proxecto, ata que se adxudique e que se liciten posteriormente as obras van pasar meses".

O alcalde insiste en que "é a conta atrás e este gran proxecto turístico, medio ambiental, de descubrir a ría de Ribadeo por diferentes puntos que habitualmente a xente non está afeita a vela e que por esta mesma vía verde que se adentra polo río Eo arriba poderá permitir que xente de Ribadeo poida ir andando a Trabada por sitios magníficos e maravillosos ou en bicicleta sen prácticamente desniveis. E é un proxecto que traerá riqueza desde o punto de vista turístico e que lle vai vir moi ben a toda esta oferta hoteleira e hosteleira que temos no noso concello, e que tamén beneficiará a Trabada, San Tirso ou A Pontenova".

No hay comentarios: